Red de Centros Educativos para el Desarrollo y la Ciudadanía Global

Aberta a matricula do XX Curso-Obradoiro de formación do voluntariado

/ Deja un comentario

Curso_voluntariadoInteRed Galicia ten a honra de convocar o XX Curso-Obradoiro de Formación do Voluntariado. Interdependencia Solidaria.

Este curso está pensado para facilitar o entendemento entre as persoas e as diferentes culturas, así como a creación dunha cidadanía crítica, propositiva e lúcida ante os retos sociais, a nivel mundial, que nos tocan vivir. Cunha aposta clara de traballar pola Equidade de Xénero, os DDHH, a Natureza e a PAZ.

Dito curso está pensado para a mocidade, o profesorado e profesionais do mundo educativo, xornalistas…, e calquera persoa que desexe vivir con lucidez a súa propia vida.

Esperámoste!

CONTIDOS

MÓDULO 1: 20 setembro de 2014

Xogos Cooperativos para transformar-me. Rubén Gallego Murciego. Traballador Social. Experto en xogos cooperativos.

MÓDULO 2: 11 outubro 2014

Masculinidades para reforzar a Equidade de Xénero. José Rutilio Delgado e Walberto Virgil Tejeda Guardado, facilitadores do Programa de Masculinidades do Centro Bartolomé das Casas de San Salvador. O Salvador. www.escuelaequinoccio.org

MÓDULO 3: 25 outubro 2014

“Autocoidado para transformar-me”. Emma Martínez Ocaña. Licenciada en Historia e Teoloxía. Psicoterapeuta. Foi profesora na Universidade Pontificia de Comillas.

MÓDULO 4: 13 de decembro 2014

“Globalizar a solidariedade nun mundo en crise”. Pedro José Gómez Serrano. Profesor de Economía Mundial da Universidade Complutense de Madrid.

MÓDULO 5: 10 xaneiro 2015

“Os Dereitos Humanos como meta para acadar que a VIDA sexa o centro motivador da actividade social”. Iván Forero Robayo. Sociólogo e Historiador. Experto e defensor dos Dereitos Humanos.

MODULO 6: 31 de xaneiro 2015

“Miradas ecofeministas ante o capitalismo global”. Yayo Herrero. Antropóloga, Educadora Social e Enxeñeira Agrícola. Directora do FUHEM

MÓDULO 7: 28 febreiro 2015

“Análise da realidade para construír unha cidadanía interculturaL”. Tusta Aguilar García: Experta en Educación para o Desenvolvemento e Interculturalidade. Licenciada en Ciencias Físicas. Departamento Educación ASTI. Madrid.

MÓDULO 8: 14 marzo 2015

“Educación para o Desenvolvemento dende a ética do coidado”. Noelia García Camiña. Psicopedagoga, Educadora Social. Experta en Educación para o Desenvolvemento.

MÓDULO 9: 18 de abril 2015

O voluntariado, motor do cambio persoal e social dende a óptica do coidado. María Barba Núñez. Pedagoga, Educadora Social, Coordinadora do voluntariado de InteRed en Galicia

HORARIO

Sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas

OBXECTIVOS DO CURSO

1. Favorecer a reflexión crítica sobre as estruturas que xeran desigualdade.

2. Propoñer alternativas solidarias cós pobos do sur e sectores excluídos do norte.

3. Motivar para o compromiso e a participación cidadá.

4. Valorar a diversidade, a través do encontro e do diálogo, como unha das claves para a TRANSFORMACIÓN e a interdependencia solidaria

QUEN PODE PARTICIPAR?

• Estudantes maiores de 20 años.

• Profesionais do ámbito socioeducativo.

• Quen desexe comprometerse na construción dunha cidadanía TRANSFORMADORA.

PRAZO DE MATRÍCULA

Matricula aberta dende o 1 ao 18 de setembro 2014.

PREZO

60 € estudantes e persoas desempregadas e 90 € persoas profesionais.

O pago formalizarase no momento da inscrición, pódense ingresar 50 € e o resto antes do final do curso..

Unha vez realizada a matrícula non se devolverá o importe.

INSCRICIÓNS

InteRed Galicia:  galicia@intered.org

PAGO

laCaixa: 2100 6040 66 0200014047

Concepto: XX Curso-Obradoiro

LUGAR DE CELEBRACIÓN

InteRed ONGD. Praza do Matadoiro, 7. Santiago de Compostela

PRAZAS LIMITADAS

(Para facer o curso ten que haber un mínimo de 15 persoas)

InteRed concederán un diploma de participación no curso, de 90 horas, a quen acredite a asistencia.

Deja un comentario

Instagram

Facebook

Twitter

Suscríbete a nuestro boletín de noticias