Red de Centros Educativos para el Desarrollo y la Ciudadanía Global

I Carreira Solidaria Viana contra a violencia

/ Deja un comentario

Carrera_Solidaria_Viana_do_Bolo_HaitíInteRed Galicia, xunto ao alumnado de 4º da ESO do IES Carlos Casares, organiza, en colaboración co mesmo IES, o CIM de Viana do Bolo e o CEIP de Vilariño de Conso, a I Carreira Solidaria “Viana contra a violencia”, que comezará na Praza Maior de Viana, o 19 de xuño de 2014, ás dez da mañá. Ademais do destino dos fondos á educación de nenas e nenos, a carreira ten como obxectivo, promover, a través do deporte, hábitos de vida saudables, impulsar a comunicación entre a infancia e mocidade da bisbarra, gozar dun sistema de vila sostible, e a recuperación da vila para o uso e goce da cidadanía.

A proba comezará ás 10:00 co alumnado do IES Carlos Casares, polo CABO DA VILA.

Ás 10:45 co alumnado do CEIP de Vilariño de Conso, tamén pola CABO DA VILA.

A recadación obtida será destinada ao proxecto binacional, República Dominicana-Haití, no CENTRO PAULA ESCAÑO. Unha iniciativa da Institución Teresiana que pretende colaborar na construción dunha sociedade participativa, democrática e intercultural na fronteira norte da República Dominicana e Haití. É referente na formación de animadoras/es socioculturais para a construción dunha cidadanía crítica, corresponsable, equitativa, incluínte e intercultural no ámbito local, rexional e binacional.Atende a tres colectivos principalmente dos dous países (República Dominicana-Haití):

  • Profesorado, animadoras/es
  • Infancia e mocidade.
  • Mulleres.

Fundado no 2005, o Centro Paula Escaño, no ano 2007, cunha subvención da Xunta de Galicia, polo medio de InteRed, puido construír o edificio para acoller as súas actividades.

Desde 1992, InteRed traballa en América Latina, Asia e África polo recoñecemento e goce do dereito universal a unha educación de calidade e equidade na poboación infantil, xuvenil  adulta.

Más información:

Paz Caínzos e alumnado de 4º da ESO do IES Carlos Casares. 988 34 00 86

InteRed Galicia. 981 58 79 66

galicia@intered.orgwww.intered.org

Deja un comentario

Tienes que ser suscrito para dejar un comentario.

Instagram

Twitter

Suscríbete a nuestro boletín de noticias