Red de Centros Educativos para el Desarrollo y la Ciudadanía Global

Curso: “Estratexia do Equinoccio: Enfoque integral de masculinidades”.

/ Deja un comentario

O enfoque integral en masculinidades é unha reflexión crítica sobre as prácticas, significados e imaxinarios sociais dos homes no que se constrúe, reproduce e lexitima a violencia de xénero, as inequidades, e a desigualdade nas relacións entre mulleres e homes. Este enfoque é profeminista e suscita posibilidades e estratexias de cambio a partir de masculinidades alternativas e diversas xa existentes.

O curso suscítase como un proceso vivencial de reflexión crítica sobre os significados hexemónicos de ser home e a aprendizaxe de estratexias de cambio cara a masculinidades que asumen afirmativamente os coidados, a equidade e igualdade de xénero.

O proceso utiliza a metodoloxía Equinoccio, unha estratexia educativa desenvolvida en Centroamérica para o traballo con homes e mulleres aliadas. Equinoccio incorpora xogos, arteterapia, traballo corporal, vídeo foros, análise, lecturas e teatro foro, análise do conflito, foto palabra, entre outras.

O proceso diríxese a homes que desexen reflexionar e participar activamente a partir da súa práctica persoal e laboral.

CONTIDOS

– O Modelo Hexemónico de Masculinidade (MHM)

– Os dispositivos de socialización do MHM.- Relacións de poder entre os xéneros.

– A prevención da violencia de Xénero.

– A dimensión do coidado no ciclo vital.

– Paternidades.

– Masculinidades.

O curso será impartido por Larry José Madrigal Rajo e Walberto Virgil Tejeda Guardado, facilitadores do Programa de Masculinidades do Centro Bartolomé das Casas.
www.escuelaequinoccio.org

QUEN PODE PARTICIPAR?

HOMES:
• Estudantes e rapaces maiores de 20 años.
• Profesionais do ámbito socioeducativo, xornalistas…
• Quen desexe comprometerse na construción dunha cidadanía TRANSFORMADORA.

PRAZO DE MATRÍCULA:

Matricula aberta do 1 de abril ao 30 de maio 2013.

PREZO:

Estudantes o persoas desempregadas: 60 €. Profesionais: 90 €. (O prezo inclúe a estancia).
O pago formalizarase no momento da inscrición. Pódense pagar 50 € coa inscrición e o restante antes do 30 de maio 2013.
Unha vez realizada a matrícula non se devolverá o importe.

INSCRICIÓNS:

InteRed Galicia
Praza do Matadoiro, 7 – Baixo
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 58 79 66
E-mail: galicia@intered.org

PAGO:

La Caixa: 2100 6040 66 0200014047
Concepto: Curso Masculinidades

MODALIDADE DO CURSO:

Residencial intensivo.

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Casa do Pacio. Lagoa de Cospeito. Lugo

PRAZAS LIMITADAS:

Para realizar o curso é preciso que haxa 18 homes

 

InteRed concederá un diploma de participación no Curso, de 30 horas a quen acredite a asistencia.

Deja un comentario

Tienes que ser suscrito para dejar un comentario.

Instagram

Twitter

Suscríbete a nuestro boletín de noticias