Red de Centros Educativos para el Desarrollo y la Ciudadanía Global

Obradoiro de achegamento ao enfoque educativo integral de masculinidades.

/ Deja un comentario

MASCULINIDADES21

InteRed Galicia e o Grupo SEPA da Facultade de Ciencias da Educación, convídante a participar do Curso de achegamento ao enfoque educativo integral de masculinidades. Plan de Formación para docentes e estudantes, que terá lugar as tardes do 22 e 23 de outubro 2014, dás catro ás oito e media do serán na USC. Campus Vida. Facultade Ciencias da Educación.

O enfoque integral en masculinidades é unha reflexión crítica sobre as prácticas, significados e imaxinarios sociais dos homes no que se constrúe, reproduce e lexitima a violencia de xénero, as inequidades, e a desigualdade nas relacións entre mulleres e homes. Este enfoque é profeminista e suscita posibilidades e estratexias de cambio a partir de masculinidades alternativas e diversas xa existentes.

O curso suscítase como un proceso vivencial de reflexión crítica sobre os significados hexemónicos de ser home e a aprendizaxe de estratexias de cambio cara a masculinidades que asumen afirmativamente os coidados, a equidade e igualdade de xénero.

O proceso utiliza a metodoloxía Equinoccio, unha estratexia educativa desenvolvida en Centroamérica para o traballo con homes e mulleres aliadas. Equinoccio incorpora xogos, arteterapia, traballo corporal, vídeo foros, análise, lecturas e teatro foro, análise do conflito, foto palabra, entre outras.

O proceso diríxese a homes e mulleres que desexen reflexionar e participar activamente a partir da súa práctica persoal e laboral.

MODALIDADE DO CURSO:

2 tardes intensivas. (dás 16 ás 20:30 horas)

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

USC. Campus Vida Facultade de Ciencias da Educación.

PRAZAS LIMITADAS: Para levar a cabo o Obradoiro ten que haber un mínimo de 15 persoas, máximo de 30.

InteRed e a Facultade de Ciencias da Educación concederán un diploma de participación no curso a quen acredite a asistencia.

CONTIDOS:

- O Modelo Hexemónico de Masculinidade (MHM)

- Os dispositivos de socialización do MHM.

- Relacións de poder entre os xéneros.

- A prevención da violencia de xénero.

- A dimensión do coidado no ciclo vital.

- Masculinidades. Feminidades.

O curso será impartido por Rutilio Delgado Rodríguez e Walberto Virgilio Tejeda Guardado, facilitadores do Programa de Masculinidades do Centro Bartolomé das Casas. www.escuelaequinoccio.org

QUEN PODE PARTICIPAR?

HOMES e MULLERES: docentes, estudantes e mocidade maiores de 20 anos.

MATRÍCULA

PRAZO DE MATRÍCULA: Matricula aberta. Admisión por orden de chegada.

PREZO XERAL: 15 €.

O pago formalizarase no momento da inscrición. Unha vez realizada a matrícula non se devolverá o importe.

INSCRICIÓNS:

- InteRed Galicia galicia@intered.org

- USC. María Barba Núñez, Despacho 33, módulo A, Fac. Cc. da Educación. Campus Vida. maria.barba@usc.es

inscripcion_Contrapublicidad_InteRed

PAGO:

ABANCA: IBAN ES60 2080 0319 6430 4001 3740

Concepto: Masculinidades USC 14

MASCULINIDADES2

Deja un comentario

Instagram

Facebook

Twitter

Suscríbete a nuestro boletín de noticias