Red de Centros Educativos para el Desarrollo y la Ciudadanía Global

Presentación do libro: NOBELO. Fiando historias de Coidados

/ Deja un comentario

Encontro interxerenacional entre as persoas autoras do libro e estudantes de Ciencias da Educación

Mércores, 18 de decembro, a partir dás 09:00 e ata ás 11.30 horas

Facultade de Ciencias da Educación Campus Sur

Novelo | InteRed Galicia

InteRed Galicia presenta o libro «Nobelo. Fiando historias de Coidado». Un pequeno volume que recolle as historias de vida dun grupo de persoas maiores do Concello de Tomiño, nas que contan pequenos trazos das súas experiencias, centradas no tema dos coidados, a elas mesmas e a outras persoas.

As protagonistas das historias do libro darán unha lección maxistral para as alumnas e alumnos da Facultade de Ciencias da Educación. Dende ás 9 da mañá ata as 10.30, o grupo de maiores participará nunhaxornada de intercambio interxerenacional cos estudantes.

O grupo de maiores e as coordinadoras do proxecto estarán dispoñibles para atender ós medios, na cafetería da Universidade de Ciencias da Educación entre as 10.30 e as 11.30 horas e na sede de InteRed Galicia ás 14 horas.

Este acto encádrase dentro do proxecto: Crear unha Rede galega de participación cidadá para dar pulo á Transformación Social baseada na Ética do Coidado con enfoque DDHH e de Xénero, promovido pola Organización non Gubernamental InteRed, e conta coa participación económica de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Deja un comentario

Tienes que ser suscrito para dejar un comentario.

Instagram

Twitter

Suscríbete a nuestro boletín de noticias